MISIÓNS COMERCIAS DA CÁMARA DE SANTIAGO

A Cámara de Santiago organizará este ano 14 misións comerciais e asistencia a feiras internacionais

26/01/2018 A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta o calendario de accións de internacionalización para 2018, incluídas no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinado polo Igape co obxecto de fomentar as exportacións das empresas galegas.

A Cámara de Santiago ofrece este ano ás empresas once misións comerciais. No mes de marzo organizaranse dúas misións, a Alemaña sobre o aluminio e aos Países Baixos sobre o sector biotecnolóxico. Para abril programouse unha misión plurisectorial a Emiratos Árabes Unidos e Omán, e outra plurisectorial a Perú e Chile. En maio, as empresas terán a posibilidade de participar nunha misión directa plurisectorial a Arxentina e Uruguai, ademais de viaxar as empresas do sector da madeira a Francia. En xuño, o sector do naval terá a súa misión en Singapur e Indonesia, e tamén se organizará unha misión plurisectorial a Colombia e Ecuador, xunto con outra a Boston do sector biotecnolóxico. Xa á volta do verán, celebrarase en setembro unha misión plurisectorial a Alxeria. Tamén está prevista a asistencia a varios encontros profesionais, como a participación na feira de pescado conxelado e conservas “Galician Seafood” en Reino Unido en marzo; a asistencia á Feira de Artesanía de Miami no mes de abril; e a participación no evento Galician Gourmet Extravaganza en Suíza en xullo.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
comercio artesanía alimentación madeira biotecnoloxía Cámara exterior exportación