Venecia: parque turístico ou cidade?

04/01/2019 Debido á alza do custo de vida e dos alugueres, hoxe Venecia ten menos de 60 mil persoas residentes permanentes, contra 200 mil de 40 anos atrás. Calcúlase que para 2030 case non quedarán persoas residentes permanentes en Venecia. A esa altura, xa falaremos dun gran parque turístico erixido no que algunha vez foi unha cidade. Por iso, as autoridades de Venecia veñen impulsando unha serie de regulacións sobre a principal industria da cidade, o turismo.

Esas regulacións buscan, sobre todo, estimular a chegada de persoas viaxeiras que se aloxen na cidade, e que non pasen só polo día, como o caso das persoas cruceiristas. Por exemplo, os cruceiros xa non pasan pola fronte histórica da cidade e atracan máis lonxe. Certas zonas de Venecia ademais son pechadas ao turismo en determinados momentos do ano para non interferir coa actividade da poboación residente local. Pero para este ano espéranse máis cambios e un é bastante radical como medida: cobrar unha taxa ás persoas que só pasen pola cidade polo día.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo turistificación taxa Venecia