COMPOSTELA MÓVESE

Colabora II: fomento do emprendemento social e o intraemprendemento

09/09/2016 Compostela Móvese, móvese para medrar e facer as cousas ao seu xeito, porque o noso tecido empresarial é rico e diferente e ten identidade propia. Porque queremos visibilizar que este concello está inzado de iniciativas económicas e experiencias que paga a pena coñecer e compartir. Partimos da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas do noso territorio e buscamos artellar espazos de intercambio, formación e crecemento das mesmas. Coa óptica social, colaborativa, territorial e da sostibilidade acompañando cada unha das actividades previstas. Buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa á democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela

E neste contexto é no que a Oficina de Promoción Económica recollendo a necesidade detectada tras moitos anos de xestión e impartición de actividades de formación para o emprendemento lanza este programa piloto do proxecto Colabora un programa pioneiro, de carácter gratuíto que busca promover a participación activa da persoa desempregada e a creación de oportunidades laborais a partir da colaboración entre as persoas participantes

A iniciativa que se basea no método "coaching" comprende o seguemento individual das persoas participantes, a celebración de sesións grupais e a creación dunha comunidade de persoas que colaboren e se axudan no desenvolvemento de proxectos de autoemprego e na busca de emprego. Ademais incorpora actividades formativas en ferramentas para a busqueda de proxectos laborais e mellorar as competencias de cadaquén.

A participación no programa implica a asistencia ás sesións de grupo e individuais programadas nos horarios e datas que se especifican no documento de programa que pode descargarse nesta mesma web. As sesións individuais  programaranse de acordo cos intereses e necesidades das persoas participantes. A non asistencia a estas sesións poderá dar lugar á perda da praza asignada no proxecto Colabora II do Compostela Móvese e a sustitución da persoa por outra da lista de agarda.

Dirixido a:

Para este grupo de traballo existen 15 prazas dispoñibles.

A organización seleccionará a 15 persoas con espíritu de cambio, alto sentido do compromiso e dispostas ao traballo en equipo para participar nesta iniciativa que se prolongará ata decembro de 2016 no marco das accións do Compostela Móvese 2016. Para a selección das 15 persoas participantes poderase convocar ás persoas preinscritas a unha sesión de traballo inicial que se realizará os días 29 de setembro no CERSIA Empresa en horario de 16:00 a 20:00h e para a que serán convocadas por correo electrónico e telefóno, datos que deberán facilitarse obrigatoriamento no momento da realización da preinscrición no formulario web. Na selección de persoas participantes priorizase aqueles colectivos máis vulnerables en materia de emprego e na posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais: mulleres, persoas en risco de exclusión social, mocidade, persoas en situación de desemprego de longa duración e cidadanía dos barrios e entorno rural do Concello.


Requisitos:

Para participar neste proxecto piloto é preciso formalizar a preinscrición cubrindo o seguinte formulario

O prazo de preinscrición a esta actividade estará aberto dende o 9 ata o 25 de setembro de 2016 ás 14:00 horas.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

ATENCIÓN:O PROXECTO COLABORA XA INICIOU A SÚA ANDAINA, SE TES INTERESE EN UNIRTE Á MESMA CUBRE O FORMULARIO DE PREINSCRIPCIÓN E AVISARÉMOSTE SE TEMOS ALGUNHA PRAZA LIBRE.



Compartir:
Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación