REACCIONA TIC

Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0

01/02/2018

Axudas en especie consistentes na execución de servizos do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

  • Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.
  • Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.
  • Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, aportando a metodoloxía de traballo e asegurando a calidade do mesmo.

Determinados servizos poderían contar coa participación dun bolseiro tutelado polo axente colaborador do Igape, o cal será determinado pola dispoñibilidade dos mesmos no Igape, e pola especificidade do servizo a prestar.

Solicitude:

Presentación das solicitudes: a) Os solicitantes deberán cubrir un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es b) Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado (anexo I).


Prazo:

Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes: Convocatoria / Inicio prazo - Fin do prazo 1 - 30.01.18 - 01.03.18 2 - 05.03.18 - 19.04.18 3 - 23.04.18 - 07.06.18 4 - 11.06.18 - 31.07.18


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
tecnoloxía IGAPE Reacciona diagnóstico necesidades avaliación servizos