GALICIA EMPRENDE

Axudas á creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores

27/06/2018

Axudas a proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Investimentos e gastos subvencionables:

a) Investimentos realizados en:

1º Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

2º Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

3º Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

4º Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

c) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dez meses.

d) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) das bases.

e) Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

f) Igualmente considéranse subvencionables a adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:

Requisitos:

Consultar nas bases reguladoras os requisitos do beneficiario, do proxecto e os sectores incentivables.


Solicitude:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez aceptados os datos do formulario deberá presentarse a solicitude. Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica.


Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de xullo de 2018. 

O 30 de xullo de 2018 abrése unha segunda convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 25/10/2018


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA IGAPE emprendemento