Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Convocatoria de Axudas a Empresas para a Reactivación Económica Compostela Móvese 2020 COVID19

19/05/2020

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas para a reactivación económica das microempresas de Santiago de Compostela trala situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidad 2020.

Os obxectivos específicos desta convocatoria de axudas son:

  • minimizar o impacto da crise económica derivada da COVID-19
  • achegar recursos para atender as necesidades de liquidez das microempresas.
  • facilitar a súa recuperación económica
  • contribuír ao mantemento da actividade económica e á protección do emprego

Gastos subvencionables

Consideraranse subvencionables os gastos que seguen:

  • Xuros dos préstamos (De entidades de crédito, entidades financeiras de crédito, entidades de diñeiro electrónico, ou entidades de pagos rexistradas e supervisadas polo Banco de España) concertados con posterioridade ao 14 de marzo de 2020 e efectivamente pagados desde o 14 de marzo de 2020 ata o 2 de novembro de 2020.
  • Liquidacións das pólizas de crédito devindicadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 2 de novembro de 2020.

Debido a un erro na elaboración do extracto das bases da convocatoria para a súa publicación no BOP Coruña, no extracto publicado no BOP Coruña de 15 de maio de 2020 cando se refire ás empresas ás que vai dirixida a convocatoria de axudas aparece MICROPEMES DE MENOS DE SEIS TRABALLADORES/AS  cando debería decir "MICROPEMES DE MENOS DE ONCE TRABALLADORES/AS.

Publicouse con data 19 de maio de 2020 no BOP Coruña a correspondente corrección deste erro,deixándo sen efecto anterior o prazo de presentación de solicitudes que abre polo tanto o 20 de maio e exténdese ata o 17 de xuño de 2020.

Ás bases completas da convocatoria que poden descargarse nesta web tanto en galego como en castelán e que poden ademáis consultarse na web da Base de Datos Nacional de Subvencións no seguinte enlace, sendo o código identificar deste PROGRAMA DE AXUDAS A REACTIVACION ECONÓMICA COMPOSTELA MOVESE 2020 COVID19 o 505698:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/505698

 

 

Estas axudas teñen carácter finalista polo que non poderán ser empregadas para outros fins.

 Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

- A súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupaciones ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas a excepción do comercio polo miúdo (epígrafes recollidos no anexo I, e que ten unha convocatoria de axudas propia gestionada polo Departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela).

- Que a sede social, fiscal, e da actividade atópese no Concello de Santiago de Compostela.

- Ser unha microempresa, e ter menos de 11 traballadores no momento xa anterior á declaración do estado de alarma ( RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020).

- Ser unha empresa afectada pola crise do COVID-19, e que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:

Establecemento obrigado a pechar en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo, polo que se declara a situación de urxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecemento afectado por unha baixa na súa facturación superior ao 75%. No mes anterior ao que se solicita a prestación por cese de actividade, a facturación véxase reducida, polo menos, nun 75% en relación co promedio de facturación do semestre anterior.

Microempresas que formularan un ERTE como consecuencia do COVID-19.

.Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.

 

Cuantía da subvención

O importe da subvención será o 75% do orzamento de gastos co límite de 1.000 euros por persoa beneficiaria.

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao amparo desta convocatoria poderá ser de tal cuantía que, aisladamente ou en concurrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou persoais, nacionais ou internacionais, supere o custo total do obxecto subvencionable.

Prazo de presentación de solicitudes e xustificación

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP

Publicado correctamente o extracto da convocatoria no BOP Coruña de 19 de maio de 2020, o prazo de presentación de solicitudes iniciase o 20 de maio de 2020 e remata o mércores 17 de xuño de 2020.

A data límite de xustificación será o 2 de novembro de 2020.

Procedemento de concesión

Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A concesión da axuda realízase por orde de entrada da solicitude no rexistro, logo de comprobar que a persoa solicitante cumpre os requisitos establecidos e ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Contía da subvención

O importe da subvención será o 75% do orzamento de gastos co límite de 1.000 euros por persoa beneficiaria.

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do obxecto subvencionable.

Solicitudes e documentación

  1. As solicitudes, segundo o modelo do anexo II, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende, 4), ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, que estean habilitados.
  2. A presentación da solicitude supón aceptar as bases reguladoras desta convocatoria.
  3. Se a solicitude se presenta a través dun medio distinto do Rexistro Xeral do Concello de Santiago, dentro do mesmo prazo límite, enviarase unha copia, xunto co resgardo, selo de entrada ou acreditación de que foi presentada que corresponda, ao enderezo de correo electrónico: cersia@santiagodecompostela.gal
Notas para a cidadanía:

Para calquera consulta sobre estas bases poden contactar telefónicamente no 981 54 24 93 ou remitir correo electrónico á dirección cersia@santiagodecompostela.gal

 

Debido a un erro na elaboración do extracto das bases da convocatoria para a súa publicación no BOP Coruña, no extracto publicado no BOP Coruña de 15 de maio de 2020 cando se refire ás empresas ás que vai dirixida a convocatoria de axudas aparece MICROPEMES DE MENOS DE SEIS TRABALLADORES/AS  cando debería decir "MICROPEMES DE MENOS DE ONCE TRABALLADORES/AS.

Publicouse con data 19 de maio de 2020 no BOP Coruña a correspondente corrección deste erro,deixándo sen efecto anterior o prazo de presentación de solicitudes que abre polo tanto o 20 de maio e exténdese ata o 17 de xuño de 2020.

Ás bases completas da convocatoria que poden descargarse nesta web tanto en galego como en castelán e que poden ademáis consultarse na web da Base de Datos Nacional de Subvencións no seguinte enlace, sendo o código identificar deste PROGRAMA DE AXUDAS A REACTIVACION ECONÓMICA COMPOSTELA MOVESE 2020 COVID19 o 505698:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/505698

.


Solicitude:

 

  Como podo presentar a solicitude durante o confinamento se o Rexistro do Concello está pechado?  

O Concello de Santiago de Compostela está en fase de implantación do rexistro electrónico pero aínda non está operativo. Como en calquera outro momento, pode presentar a súa documentación por calquera dos modos indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Suxerímoslle que utilice o rexistro electrónico do Estado que permite presentar documentos para a súa transmisión electrónica a outras administracións públicas (comunidades autónomas, entidades locais etc.) integradas no sistema de interconexión de rexistros:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

Durante a situación actual do estado de alarma admítese tamén o envío de documentos por correo electrónico ao enderezo rexistro@santiagodecompostela.gal
Deberá enviar a solicitude con todos os datos esenciais (artigo 66 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común), xunto coa documentación necesaria para realizar o trámite.

Se non lle é posible presentar a documentación por ningún estes medios, pode contactar telefonicamente co Rexistro do Concello de Santiago de Compostela onde, logo de considerar o carácter de imprescindible e urxente da solicitude, lle indicarán o xeito de proceder. Teléfono de contacto: 981 543 122.

Lembre que se emprega un rexistro diferente ao do Concello, ten que enviar unha copia, xunto co xustificante, ao enderezo cersia@santiagodecompostela.gal


Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes para optar a esta liña de axudas é de 20 días hábiles que se contan a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOP (15 de maio de 2020). De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, os termos e prazos obrigan tanto á Administración Pública coma ás persoas interesadas, polo que as solicitudes deberán presentarse dentro do prazo fixado polas bases reguladoras.

Para os efectos de garantir a igualdade entre todas as persoas interesadas, faise constar que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 20 de maio de 2020, primeiro día hábil seguinte á publicación da corrección de erros do extracto da convocatoria no BOP, e rematará o día 17 de xuño de 2020.

As solicitudes presentadas con anterioridade a esa data teranse por non presentadas, de acordo co previsto no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sendo preciso a súa presentación no prazo sinalado para a súa validez.

 


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados