Programa a prol da contratación das mulleres desempregadas

En prazo de inscrición 11/07/2018

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

-Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos indefinidos iniciais realizados con mulleres desempregadas.

-Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

XUNTA emprego formación

REMUDA XENERACIONAL

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras Autónomas

En prazo de inscrición 11/07/2018

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dun relevo xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

-Que teñan 63 anos ou máis.

-Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

-As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

XUNTA emprego autónomos

EMPRENDEMENTO FEMININO

Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

En prazo de inscrición 11/07/2018

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución.

emprego XUNTA emprendemento MULLERES

Axudas para a creación e consolidación de Unidades Mixtas de Investigación

En prazo de inscrición 06/07/2018

Preténdese a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

GAIN XUNTA

III edición da aceleradora Business Factory Auto

En prazo de inscrición 29/06/2018

Actualmente atópase aberta a III edición da aceleradora especializada en automoción Business Factory Auto (BFA). O obxectivo desta iniciativa de carácter vertical, é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

GAIN XUNTA

Compartir: