• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias das axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social, unha convocatoria que vén de ser resolta pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e á que se destinou un orzamento de 120.000 euros. Estas subvencións queren contribuir á consolidación do tecido empresarial do noso municipio, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta Santiago.

 

Etiquetas:
novas, Axudas, SOCIAS, Concello de Santiago, economia_social

O Biopolo da Sionlla acolleu hoxe a Xornada da Industria da Maker Faire Galicia, a terceira e última sesión desta décima edición da feira. Na inauguración participou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que apelou ao “espírito maker, que ten a cooperación como un dos seus principios básicos, para avanzar na diversificación económica de Santiago”.

Etiquetas:
novas, Maker Faire Galicia; makers; argalleiros;

O 13 de decembro, líderes mundiais debaten sobre a biotecnoloxía, o metaverso a intelixencia artificial e a fusión de arte e ciencia no X aniversario da Maker Faire Galicia. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participará no acto inaugural.

Etiquetas:
novas, industria, innovación, MAKER FAIRE GALICIA

Neste contexto, o curso Dashboards Interactivos: Ferramentas de Visualización Compartida de Datos ofrece ás persoas emprendedoras e
profesionais as habilidades necesarias para empregar das dashboards que centralicen e presenten datos de maneira eficiente. A xornada permitirá aos participantes coñecer as vantaxes destas ferramentas e aprender a crear visualizacións que melloren a competitividade e a capacidade de resposta das
súas organizacións. 

Capacitar ás persoas participantes nas bases para construír dashboards interactivos efectivos, integrando datos de diversas forzas e personalizando a presentación visual para facilitar a interpretación de métricas e tendencias en tempo real.

Etiquetas:
novas, Cámara de Comercio

ATA QUE PUNTO AS FERRAMENTAS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL E OS ALGORITMOS INTERVEÑEN NA TÚA DECISIÓN DE COMPRA?

Etiquetas:
novas, ABELURIA, intelixencia artificial, turismo, alimentación

DOMINA INSTAGRAM: DESEÑA CAMPAÑAS QUE CONECTEN CON TU CLIENTE IDEAL E HAZ CRECER TU NEGOCIO EMPRENDEDOR

Etiquetas:
novas, Instagram, coworking, CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA

Talentia Summit pechou a súa edición de 2024 reafirmándose como un referente no ámbito laboral e formativo, non só en Galicia senón a nivel estatal. Este ano, a feira de talento e emprego superou todas as expectativas, con máis de 60.000 usuarios e usuarias e con 376.000 páxinas vistas ao longo dos días do evento. Ademáis fixéronse máis de 1.100 entrevistas con centros de ofertas de emprego e houbo case 2.500 currículums intermediados.

Etiquetas:
novas, TALENTIA SUMMIT, virtual, formación, on line

O Concello de Santiago fixo hoxe entrega dos III Premios de Excelencia Empresarial, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi que estivo presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola tenenta de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas. Con estes galardóns, recoñécense as empresas que se teñan distinguido polas súas boas prácticas nos campos da conciliación laboral e familiar, a economía circular, a innovación, a comercialización en produtos e servizos culturais, o cumprimento dos retos da Axenda Urbana 2030, a economía social e as boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.

Etiquetas:
novas, III edición Premios á Excelencia Empresarial

O Foro Talentia encheu esta tarde o auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, nun evento que analizou como a innovación, a tecnoloxía e o talento están a transformar o mundo laboral. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, foron as encargadas de abrir o acto, que levou por lema “Persoas con propósito impulsando a innovación”.

Etiquetas:
novas, TALENTIA, innovación, sostibilidade

A Casa das Máquinas acolleo o 8 de novembro a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuvenude, María Rozas, aproveitou a inauguración do evento para poñer en valor estes oficios “non só porque son parte da nosa identidade nun mundo cada vez máis globalizado, senón tamén pola súa importancia desde o punto de vista económico e o papel que poden xogar na creación de emprego de calidade”.

Etiquetas:
novas, makerfairegalicia, feira de oficios, Casa das Máquinas