• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Servizos en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

 

Concello de Santiago de Compostela leva colaborando coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela apoiando a creación de empresas e o autoemprego a través de programas de formación, fomento da cultura emprendedora e apoio á mellora empresarial dende a creación, no ano 2004, da Oficina de Promoción Económica municipal.
 

Quen se pode beneficiar do servizo?

  • Persoas emprendedoras.
  • Comercios e empresas xa establecidas.
  • Asociacións de comerciantes, profesionais e outras entidades.


Cómo funciona?

Calquera dos servizos ten establecido un sistema de cita previa ao que se pode acceder a través dos seguintes medios:

  • Servizo de asesoramento ao Emprendemento no enderezo electrónico emprende@camaracompostela.org
  • Servizo de Coworking  no enderezo electrónico coworking@camaracompostela.com
  • Viveiro de Empresas nos enderezos electrónicos:
    • recepcion.vivero@camaracompostela.org
    • serviciotecnico@camaracompostela.org

Para calquera outra información pode contactar no seguinte teléfono 981596800 ou no correo electrónico informacion@camaracompostela.com


Que servizos presta?

Na actualidade o Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago ofrece os seguintes servizos:

  • Información, orientación e asesoramento integral a persoas emprendedoras, comerciantes e empresarios/as en activo.
    • Emprendemento: información e orientación sobre todos os aspectos relacionados coa constitución da empresa.
    • Consolidación empresarial: acompañamento a empresas e comercios establecidos.
  • Formación: mellora da profesionalización.
    • Plan de formación continua.