O edificio Cersia de San Lázaro acollerá a próxima semana as xornadas presenciais do programa “Faino en Santiago”, unha iniciativa do departamento municipal de Promoción Económica que ten como obxectivo construír unha economía máis próxima e xusta a través do apoio a proxectos que sexan sostibles económica, social e ambientalmente. A actividade, que será de balde, pretende ser un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender.
Compostela é unha gran catedral de coñecemento que debe asentarse sobre a pedra angular da innovación.
Dar a coñecer o potencial innovador da cidade tomando conciencia de todo o que podemos facer se nos xuntamos. Ese é o gran reto dunha urbe á que lle custa recoñecer todo o bo que fai, que é moito. Boa proba diso son as entidades representadas neste foro.
Equilibrar os desaxustes entre a oferta e a demanda de emprego. Este é o gran reto dun mercado laboral que debe adaptarse aos novos tempos e á cambiante composición demográfica da poboación.
Esta mañá celebrouse no CERSIA o terceiro dos grandes foros que Promoción Económica está a coordinar para mapear a realidade da nosa contorna. Nel, empresas de xestión de talento, empresas de traballo temporal, universidade e entidades de contratación do terceiro sector déronse cita para radiografiar o empelo local, os salarios e a relación do binomio formación-cupación.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da tenenta de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas, participou este xoves na presentación da memoria de actividades da Cámara de Comercio de Santiago. Na súa intervención, destacou o labor que fai a Cámara de Comercio de Santiago e comarca con respecto ao tecido e o desenvolvemento económico de Compostela e a súa contorna. “A Cámara revélase como unha panca importantísima para que as nosas empresas alcancen os niveis de competitividade que require o contexto actual, cada vez máis globalizado”, enfatizou.
“Son do comercio, a moita honra”. Esta é a frase que mellor podería resumir as dúas horas de intervencións que algúns dos axentes do comercio local compartiron esta mañá no @cersiaempresa da man de Promoción Económica.
A Maker Faire Galicia arrinca a súa XI edición cunha xornada sobre emprendemento e innovación social
A Maker Faire Galicia, un evento de referencia de innovación, creatividade e tecnoloxía, celebrará a súa XI edición mantendo o formato que estreou o ano pasado, con tres xornadas temáticas en diferentes espazos da cidade. A primeira das citas será o próximo sábado, cun programa dedicado ao emprendemento e a innovación social que se celebrará en Área Central e que inclúe numerosas actividades para toda a familia.
O Concello de Santiago, a través do departamento de Promoción Económica, pón en marcha un programa municipal que ten como obxectivo construír unha economía máis próxima e xusta a través do apoio a proxectos que sexan sostibles económica, social e ambientalmente. Trátase de “Faino en Santiago”, unha iniciativa que, tal e como explicou a concelleira María Rozas, “nace para acompañar ás persoas que queiran emprender, a través de pequenas empresas que integren a sustentabilidade no seu modelo de negocio, axudándolles a construír un proxecto viable e duradeiro no tempo”.
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto de peche da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), unha ocasión que cualificou como “de grande importancia” para volver reforzar a conexión entre o concello e o tecido empresarial do país.
Cooperativas, Executivas, Economistas, Cámara, Polo Biotecnolóxico, Universidade, Empresarias e empresas reúnense no centro CERSIA Empresa da man de Promoción Económica para falar de Nova Economía e retos económicos en clave local.
O departamento municipal de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela pon en marcha un novo servizo de información e atención a persoas emprendedoras que estará activo durante as mañás dos luns no edificio CERSIA Empresa, en San Lázaro. Para acceder ás sesións de asesoramento personalizado, deberá solicitarse cita previa por mail á dirección de correo electrónico sae@santiagodocompostela.gal.