• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago, a través do departamento de Promoción Económica, e a Unión de Cooperativas EspazoCoop reflexionarán sobre o poder transformador do cooperativismo e a economía social, nunha xornada que se vai celebrar o próximo mércores, 24 de setembro, no Teatro Principal. Baixo o lema “Transformando a cidade dende o cooperativismo”, o evento comezará coa representación da obra “As que limpan”, da compañía A Panadaría. As entradas xa se poden retirar na Zona C, na praza de Cervantes.

Etiquetas:
novas , promoción económica , cooperativas , as que limpan , cooperativismo

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa, María Rozas, reivindicaron hoxe o valor cultural e social da artesanía e confirmaron a aposta do Concello de Santiago pola recuperación dos oficios tradicionais no marco da diversificación económica de Compostela.

Foi na inauguración do mercado “Artesanamente”, que se celebra ata o domingo con expositores de medio cento de marcas, exhibicións ao vivo, e numerosas actividades paralelas.

Etiquetas:
novas , Concello Santiago , artesanía , artesanais , cultura

O Pleno da Corporación municipal debatirá o xoves desta semana, na súa sesión ordinaria, un expediente ‘paraugas’ que unifica as regras de cobro (homoxeniza os prazos, por exemplo) e modifica varias ordenanzas coma a do IBI e do ICIO. Unhas das novidades reside nas bonificacións para as vivendas de promoción pública no IBI e no ICIO, mentres que se gravará máis os inmobles desocupados que permanezan nesa condición durante dous ou máis anos e cuxa propiedade sexa titular de catro ou máis inmobles.

Etiquetas:
novas , Concello Santiago , PLENO , IBI , bonificación

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, encabezou este venres o minuto de silencio en sinal de solidariedade co pobo palestino que, canda membros da corporación, persoal do Concello e veciñanza se gardou na Praza do Obradoiro. A capital galega sumouse á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para expresar a súa condena polo masacre e esixir ao goberno israelí que deixe inmediatamente de cometer actos prohibidos na Convención sobre o Xenocidio contra a poboación palestina de Gaza.

A alcaldesa compostelá reclamou "que remate dunha vez o xenocidio do pobo palestino" e se poña fin ao exterminio da poboación de Gaza pola falta dos recursos básicos para poder subsistir. Nese sentido, considerou fundamental que "ninguén se poña de perfil" e desexou que actos coma o deste venres sexan un clamor co que os concellos galegos se manifesten con rotunidade. "O que está pasando el Palestina está cuestionando a propia humanidade. Esperemos que dunha vez por todas a comunidade internacional diga alto e claro ao estado de Israel que hai que facer un alto o fogo imediato", concluíu.
 

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , palestina , stop xenocidio

Santiago acollerá nos días 19, 20 e 21 de setembro “Artesanamente”, unha iniciativa que reunirá a preto de medio cento de marcas de artesanía de diferentes disciplinas, incluida a artesanía alimentaria. O mercado, que conta co apoio do departamento municipal de Comercio, vai acompañado dunha ampla programación paralela, con exhibicións de artesáns traballando en directo, faladoiros e conferencias.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; presentou “Artesanamente” nunha rolda de prensa na que participaron o director do mercado, Manuel Moledo, de Aquelando Eventos; Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia; Ricardo Rivas, xefe da área de Calidade Alimentaria a Axencia Galega de Calidade Alimentaria; e Laura Fontenla, subdirectora xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial.

Etiquetas:
novas , artesanía , artesanais , Concello Santiago , comercio

O departamento municipal de Promoción Económica pon en marcha un novo ciclo de actividades formativas dirixidas a empresas e profesionais co obxectivo de mellorar o tecido empresarial de Santiago. Serán máis de medio cento de cursos e preto de 500 horas de formación, tanto presencial como telemática, e totalmente de balde. As actividades comezarán o próximo día 23, e o prazo de inscrición xa está aberto.

Etiquetas:
novas , Formación , empresas , Concello Santiago , promoción económica

O Concello de Santiago incentivará a contratación do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego “Parque Forestal do Monte Pedroso” unha vez finalice a súa formación. Farao cunha convocatoria de subvencións á que destina un total de 30.000 euros, e ás que poden optar persoas empregadoras e empresas que contraten a xornada completa e por un mínimo de tres meses aos alumnos e alumnas que recibiron formación nas especialidades de “repoboación forestal e tratamentos silvícolas” e “confección e publicación de páxinas web”.

Etiquetas:
novas , obradoiros , BOP;Concello;Desenvolvemento , emprego

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

Co mes de setembro chega unha nova colaboración da campaña 12 comercios 12 sensibilidades, que se centrará en dar visibilidade ao coidado de animais abandonados. Para iso contaremos con dúas novas entidades protagonistas: a tenda Maravalla e o Refuxio de Bando.

Etiquetas:
novas , comercio , compromiso social , Concello Santiago

 

Axudas para apoiar as empresas de Economía Social do Concello de Santiago

Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela

A convocatoria enmárcase na Axenda Urbana 2030 e no Plan de Acción para a Economía Social nos barrios de Compostela, que apostan por un desenvolvemento sostible e inclusivo. 

Etiquetas:
novas , Axudas , economia_social , Concello Santiago , promoción económica

Atraer e reter talento, captar proxectos e investimentos, e poñer en valor o Biopolo da Sionlla. É o principal obxectivo da campaña “Compostela. Capital da Bioctecnoloxía”, que vén de poñer en marcha o Concello, a través do departamento de Promoción Económica, en colaboración coa Área Empresarial do Tambre. Trátase de facer de Compostela un referente e un punto de encontro do ecosistema biotecnolóxico do noroeste, dándolle cumprimento ao Pacto da Sionlla asinado en 2017.

Etiquetas:
novas , promoción económica , biotecnoloxía , Sionlla Biotech