Plan de promoción e dinamización comercial
As accións de promoción e difusión da oferta comercial considéranse esenciais para a dinamización do sector, para o incremento da súa competitividade, e para dar resposta ás necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.
Neste contexto, o Plan Estratéxico do Comercio Compostelán LINK contempla dúas accións diferenciadas de promoción e dinamización comercial:
- O Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, que a Concellaría de Promoción Económica e Comercio ven desenvolvendo dende hai seis anos.
 - Promocións comerciais de venda polo miúdo, coa edición de catálogos promocionais, como o do programa Regalar custa pouco.
 
Caracteristicas
              A liña de promoción e dinamizacion comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán LINK conta cun orzamento de 112.000 euros cofinanciados pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.
Dirixido
              O Plan de promoción e dinamización comercial está dirixido a todos os estabelecementos comerciais do Concello de Santiago de Compostela.
Periodo de actuación
               Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017 
          
 
 
 
    
 






