Proxecto Europeo WEED
O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.

O Grupo de Acción Local de Santiago de Compostela constituíuse o 19 de setembro do 2008. Son integrantes do mesmo todos os axentes da cidade relacionados cos ámbitos do desenvolvemento local: Xunta de Galicia, administracións, empresas, sindicatos, USC, ONGs, asociacións, etc.
A misión do Grupo é redactar un Plan de Acción Local para executar a partir do 2010, que integrará tres liñas de actuación:
- Traballo e empregabilidade.
 - Innovación e economía do coñecemento.
 - Emprendemento e empoderamento económico.
 
Son socios participantes do proxecto WEED:
- Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago
 - cidade eslovena de Celje, que é o socio principal
 - acidade italiana de Enna
 - a cidade italiana de Crotone
 - a cidade sueca de Umea
 - a cidade checa de Karvina
 - a cidade francesa de Amiens
 - a cidade belga de Skaarbeck
 - a cidade valenciana de Alzira
 
- Duración: 30 meses, ata setembro do 2010.
 - Orzamento: 670.000 euros destinados a todos os socios participantes para a primeira fase de reflexión e articulación do proxecto teórico.