Proxecto Persoa III
O 27 de de decembro do 2007 rematou o Proxecto Persoa III, que comezara o 14 de decembro do 2005 e que acadou un 98% de insercións laborais. 103 persoas (97 mulleres e 6 homes) das 105 (99 mulleres e 6 homes) que participaron en algunha das sete especialidades desenvolvidas no Proxecto Persoa III accederon ao mercado de traballo a través de contratos de diferente duración.

O Persoa III centrouse no sector de servizos de atención a persoas, como rapaces, maiores e discapacitados de Compostela. Trátase dun novo filón de emprego, tal como a Concellaría de Promoción Económica detectou no Estudo prospectivo sobre os recursos e necesidades existentes en Santiago no ámbito da atención ás persoas maiores e/ou dependentes, elaborado en 2005.
No Persoa III tamén se seguiu a metodoloxía baseada nos Itinerarios integrados de inserción sociolaboral, guiados por titorías, que incluíron formación, prácticas en empresas e apoio á colocación. En total impartíronse sete especialidades consideradas novos filóns de emprego, que sumaron un total de 4.285 horas lectivas.
Especialidades impartidas
- Especialista 	en atención a persoas maiores e discapacitadas. 
 - Atención 	temperá e estimulación precoz. 
 - Especialista 	en mediación familiar e socioeducativa na resolución de conflitos. 
 - Especialista 	no coidado da imaxe persoal e estética a persoas maiores e/ou 	dependentes. 
 - Adestrador 	físico 	de persoas con discapacidade. 
 - Experto 	en envellecemento activo. 
 - Especialista en asistencia persoal.
 
 Nome: Proxecto Persoa III
Datas: do 14 de decembro de 2005 ao 27 de decembro de 2007.
Persoas participantes: 105
Persoas que accederon ao mercado laboral a través de contratos de diferente duración: 103
Porcentaxe de insercións: 98%
 Especialidades impartidas: 7
Horas lectivas: 4.285