Esta primavera, máiscomercio. Merca en Compostela. A túa capital de compras
Esta primavera, máiscomercio. Merca en Compostela. A túa capital de compras é unha iniciativa de dinamizacion e promoción do comercio compostelán, organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio.
Esta primavera, máiscomercio. Merca en Compostela. A túa capital de compras ten varios obxectivos:
- dinamizar o comercio compostelá
 - axudalo nos procesos de innovación, modernizacion, promoción e venda para incrementar a súa competitividade
 - recoñer a labor dos/as comerciantes no proceso de construción tanto urbanística como económico-social da cidade
 - premiar a excelencia dos estabelecementos comerciais
 - transmitir a importancia do sector á cidadanía.
 
Caracteristicas
              Para a consecución destes fins, programáronse distintas actividades, algunhas enmarcadas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e outras organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio. Son:
- Homenaxe ao comercio compostelán 2010
 - Plan de mellora dos comercios en activo: 2º fase
 - VII Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping. Edición de Primavera
 - Presentación do estudo Censo de locais de negocio de Santiago de Compostela
 - Presentación do estudo Hábitos de consumo no Concello de Santiago de Compostela
 - Formación: Inglés para a atención de persoas estranxeiras.
 
Dirixido
              Todos os estabelecementos comerciais de Compostela e á cidadanía de Santiago e potencial clientela do noroeste peninsular.
Periodo de actuación
              Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017
 
 
 
    
 






