• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO

Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2023, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT238A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvención a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas e que conten, tamén antes da citada data, cun departamento de edición en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuídas entre o 1.1.2022 e o 31.10.2023.

Para os efectos da presente orde, considéranse gastos de edición, os de autoría, corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión e de impresión, dixitalización ou calquera outro gasto de similar natureza. Distribución: transporte e calquera actuación que permita a chegada da obra aos canles de difusión, sexan físicos ou dixitais.

Comercialización: campañas de márketing e/ou publicidade en diferentes medios ou canles

Documentación requerida

Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

  1. Documentación de carácter xeral:

 – De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da editorial solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

– Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, emitido pola Axencia Tributaria, de ser o caso.

– Declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

– Certificación de situación no Censo de Actividades Económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria, onde se acredite que a editorial dispón dun departamento de edición en Galicia, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023. Esta certificación só se debe achegar no caso de que a editorial teña o domicilio fiscal fóra de Galicia.

  1. Documentación específica:

– Memoria explicativa do proxecto (máximo 3 páxinas por obra).

– Plan de distribución e comercialización do proxecto en España e/ou fóra de España.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

– Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 1 da presente orde: persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

 – Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos

Estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

Que conten, tamén antes da citada data, cun departamento de edición en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.