• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A PRODUCION E COPRODUCION DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207A).

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o ano 2023 (código de procedemento CT207A).

Para os efectos das presentes bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que realice a empresa produtora dentro do período subvencionable, ata conseguir unha copia stándard ou un máster dixital da obra audiovisual e desenvolver a súa promoción idónea dentro dos límites que marca a convocatoria.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

 

Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

Especificamente, para os proxectos presentados á categoría B de coprodución internacional minoritaria:

     Certificado da aprobación oficial da coprodución internacional por parte do país maioritario e contrato de coprodución entre as produtoras independentes participantes.

    Resolución aprobatoria da coprodución, de conformidade co previsto no artigo 9 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/20017, do 28 de decembro, do cinema, ou nos acordos internacionais subscritos por España. Na súa falta, acreditación de ter cursada a solicitude de aprobación da coprodución.

Contrato ou carta de compromiso dunha empresa prestadora do servizo de comunicación audiovisual, segundo a Directiva europea 2010/13/UE1, de servizos de comunicación audiovisual, no caso dos proxectos presentados á categoría D.

 

As persoas solicitantes deberán presentar, seguindo a mesma orde de numeración e nomenclatura, a seguinte documentación específica:

 

Anexo III: ficha do proxecto.

Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, formato de rodaxe ou gravación, orzamento total, empresa ou empresas produtoras, nacionalidades e porcentaxes de participación, responsables da produción executiva, guión e dirección, localizacións de rodaxe, localizacións de posprodución.

Memoria do proxecto, que deberá conter:

     Descrición de intencións, por parte da persoa responsable da dirección, en canto ao tratamento formal e os aspectos creativos do proxecto.

     Descrición, por parte da empresa produtora solicitante, dos seguintes aspectos:

Motivación, estratexia da produción ou coprodución, contribución do proxecto á evolución posicionamento da compañía, achega á diversidade do panorama audiovisual, definición do público obxectivo.            

Plan de traballo en que conste o tempo de rodaxe e as localizacións.  Deseño de produción previsto. Estratexia de lanzamento e difusión prevista para a obra audiovisual.

Sinopse argumental cunha extensión máxima de 500 palabras.

Guión da longametraxe (e/ou escada no caso dos documentais). No caso das miniseries de ficción e series de ficción ou documentais para televisión e/ou plataformas, deberá achegarse o guión do primeiro capítulo e a biblia completa do proxecto. No caso das series de animación, presentarase como mínimo o equivalente a 80 minutos de programación mais o tratamento completo dos demais capítulos.

Plan de financiamento.

Orzamento segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.  Voluntariamente poderase achegar: Un plan de promoción e márketing elaborado por unha empresa ou profesional especializado/a. Unha ligazón a un audiovisual de venda do proxecto de non máis de tres minutos de duración. Unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo da persoa responsable da dirección ou da produción executiva.

Calquera outra documentación que a entidade solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Requisitos

Deberán estar dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente desde, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia

As persoas ou entidades solicitantes deberán:

a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual do guión ou guións, obra literaria ou calquera obra previa que requira da obtención ou opción de compra sobre eles para a realización da obra audiovisual.

b) Ser a titular dos dereitos de propiedade da obra audiovisual na medida en que sexan necesarios para a súa explotación e comercialización. Entenderase cumprido este requisito no suposto de que a titularidade dos dereitos sobre a obra se encontre distribuída entre as empresas coprodutoras desta.

Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. Esta porcentaxe poderase reducir ata un mínimo do 10 % no caso das coproducións internacionais cando na produción da obra participen catro ou máis países.