• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello concede subvencións a 22 entidades de economía social por un total de 110.000 euros

Data de escritura

A concellaría de Promoción Económica vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, con 22 entidades beneficiarias. En total, vanse repartir 110.000 euros.

A concelleira María Rozas e a técnica Carme Casado na rolda de presentación da convocatoria

 

As subvencións a empresas de economía social teñen o obxectivo de consolidar e manter este tipo de entidades, é dicir, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Na convocatoria deste ano introducíronse algunhas novidades, para valorar especialmente a presenza de mulleres e de persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión nas empresas beneficiarias. En canto aos sectores de actividade obxecto das subvencións, aos sectores máis castigados pola crise da Covid engadíronse este ano os sectores agroalimentario, xardinería e o sector servizos, que son aqueles nos que as empresas de economía social teñen maior implantación no noso municipio.

Entidades beneficiarias

Na convocatoria resultaron beneficiarias 22 entidades, 4 máis que o ano pasado. Tamén se incrementa o importe total das axudas, que pasa dos case 87.000 euros da convocatoria de 2022 a 110.000 euros. Todas as empresas recibirán o importe máximo concedido, isto é 5.000 euros, porque todas xustificaron gastos dos seus proxectos superiores a esa contía.

As entidades beneficiarias atenden a diferentes modelos de economía social e tamén a diferentes sectores produtivos. Así, recibirán a axuda Creativas Galegas, Flying Fun, Abeluria, o Conservatorio Histórico de Santiago, Artefeito Producións, Illa Bufarda, Cidadanía, 7H Sociedade Cooperativa Galega, Numax, Feitoría Verde e Culturaactiva.

Tamén resultaron beneficiarios na convocatoria Salgueiriños de Consumo Sociedade Cooperativa, Compostela Inserta, Aspas Emprego, e Entrelampo. Completan a lista de entidades subvencionadas Almazen de Yoga, Strelia Elecrotencia, Obregon y Arias, Arabias, Rayados, Gaia dos nenos e Nelines Sociedade Cooperativa.

Documentos relacionados