• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello pon en marcha un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

Data de escritura

O departamento municipal de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela pon en marcha un novo servizo de información e atención a persoas emprendedoras que estará activo durante as mañás dos luns no edificio CERSIA Empresa, en San Lázaro. Para acceder ás sesións de asesoramento personalizado, deberá solicitarse cita previa por mail á dirección de correo electrónico sae@santiagodocompostela.gal.

O Concello pon en marcha un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

Ademais, e tamén nas instalacións do CERSIA Empresa, programarase un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación. 

Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.

Están xa programados os seguintes encontros temáticos:

5 de xuño - Networking Nova Economía

12 de xuño - Networking  Niños de Emprego

19 de xuño - Networking Comercio

26 de xuño - Networking Innovación

3 de xuño - Networking Industrias Culturais

10 de xuño - Networking Turismo e Gastronomía Sustentable

Nestes encontros `participarán axentes socioeconómicos do territorio, así como aqueles proxectos emprendedores con liñas de negocio vinculadas a temática de cada xornada. As empresas e entidades interesadas, poden solicitar máis información e inscribirse no correo electrónico sae@santiagodocompostela.gal

As conclusións destes encontros serán recollidas pola área de Promoción Económica do Concello para mellorar a carta de servizos e actividades de fomento do emprendemento e da mellora empresarial. Estas acción forman parte do Programa Municipal Feito en Santiago, que promove un modelo de desenvolvemento económico local baseado na identidade territorial, a sustentabilidade e a innovación. No marco deste programa, desenvólvense accións específicas de apoio ao emprendemento cooperativo, social e de proximidade, como parte da liña 2 do mesmo “Un novo modelo de emprendemento Faino en Santiago” que busca acompañar o nacemento e consolidación de iniciativas empresariais comprometidas co territorio de acordo co establecido no Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela.