A OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO LANZA O CICLO FORMATIVO
#FAINO EN SANTIAGO#
A oficina de promoción económica do Concello de Santiago de Compostela presenta unha nova edición anual do "Faino en Santiago", ciclo de actividades formativas centrado na mellora empresarial da contorna e dirixido a empresas e profesionais
O programa FAINO EN SANTIAGO forma parte das accións codeseñadas no ámbito do
Consello Económico Social de Santiago de Compostela. O obxectivo principal é mellorar o
grao de coñecemento, subsanando carencias e ofrecendo actualizacións en materias útiles
para os procesos de xestión empresarial e laboral, do tecido empresarial de Santiago de
Compostela.
A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades formativas adaptadas ás
necesidades e características do tecido empresarial de Santiago de Compostela e varias visitas
a empresas da contorna.
Na web de FAINO EN SANTIAGO 25 pódese consultar a información e facer as inscricións
nestas accións formativas.
Ofértanse un total de 51 actividades que inclúen cursos de teleformación, pílulas
autoformativas, obradoiros prácticos, encontros informais e visitas a empresas.
Impartiranse máis de 470 horas de formación divididas en 8 grandes áreas
XESTIÓN EMPRESARIAL E NOVEDADES LEXISLATIVAS
XESTIÓN ECONÓMICO - FINANCEIRA DAS PEMES
COMERCIALIZACIÓN E MARKETING
ECONOMÍA CIRCULAR
DIXITALIZACIÓN E REDES SOCIAIS
INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN EMPRESARIAL
XESTIÓN DE PERSOAS
VISITAS A EMPRESAS
Cubrir formulario de inscrición
As formacións están dirixidas a persoas empadroadas en Santiago, persoas traballadoras de empresas con sede en Santiago, persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade en Santiago, persoas en situación de desemprego e interesados/as en xeral.
As primeiras accións formativas darán comezo o vindeiro 23 de setembro e as persoas interesadas xa poden inscribirse nas actividades programadas a través da web do programa https://sites.google.com/view/fainoensantiago25/inicio
Estas accións están especialmente dirixidas ao persoal directivo, de xerencia, propietarias/os e persoal laboral de empresas que teñan a súa sede e un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela. Poderán participar tanto persoas en activo como en situación de desemprego.
A realización das accións formativas non suporá custe para as persoas participantes, que recibirán un certificado de aproveitamento por cada formación realizada.
