• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Cómo cambiaron os viaxeiros españois nos últimos cinco anos?

Tamén cambiou a estacionalización das viaxes curtas. Se en 2013 a maioría concentrábanse durante a época estival ou períodos craves como Semana Santa ou Noitevella, na actualidade viáxase durante todo o ano. Non importa se é festivo ou non. O fin de semana converteuse nunha boa escusa para facer as maletas e saír da oficina.

O deseño das fábricas do futuro require novas mentalidades

Para impulsar solucións creativas como as que se queren lanzar, é necesario contar con xente distinta, que non necesariamente estará formada para o mundo da manufactura. En calquera caso, as habilidades necesarias para deseñar as factorías intelixentes factories non abundan entre as persoas  estudantes. As empresas do sector deberían considerar establecer alianzas con institucións universitarias, e poñer en marcha programas de formación e prácticas.

Envoltas pola economía social

Apoiar este tipo de economía supón fomentar un modelo ligado ao territorio a nivel social e ecolóxico, que busca xerar unha práctica económica alternativa e solidaria, desde a produción ao financiamento, pasando polo comercio e o consumo. O seu avance é imparable, por iso cómpre falar dela con propiedade e tomar consciencia das nosas decisións como persoas consumidoras. Estou a consumir un produto froito da economía social? Estou a gozar dun servizo creado por ela?

A sexta edición do programa Argos premia un proxecto de avaliación do benestar animal e unha proposta de cultivo e transformación de Arnica

A convocatoria contemplaba dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha: Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

Publicadas as listaxes de beneficiarios/as das axudas a autónomos e micropemes e ao comercio do Plan de Reactivación Económica

En concreto, fanse públicas as listaxes da convocatoria de axudas para autónomos/as e micropemes de menos de 11 traballadores do programa Compostela Móvese e de dúas das convocatorias de Comercio: a de axudas para a reactivación económica do comercio local, e a de cheques de consultoría do programa Coidar para mellorar.

O Concello aproba a convocatoria de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

Esta primeira convocatoria empregarase para financiar o gasto corrente dos negocios e conta cun investimento inicial de 2.500.000 desglosados do seguinte xeito:

- 1.600.000 euros para os negocios do sector hostaleiro
- 600.000 euros para o comercio
- 300.000 euros para o sector cultural

Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

"O Forno dos Soños" presenta o seu proxecto colectivo no II Foro de Economía Social

A súa proposta é  encher este mes de decembro de 2017 a  nosa cidade de fornos físicos onde a xente poderá depositar os seus soños. Con todos estes soños farase un sorteo presencial e ademáis tamén organizaran un sorteo a maiores a través do facebook. Cóntanos o teu soño e faite forneira! 

A tecnificación da agricultura

En todas as rexións agrícolas de España, a demanda de enxeñeiros e enxeñeiros técnicos agrarios é puxante, e todo iso debido á alta tecnificación que xa ten o campo. Entre as cuestións que só pode manexar un técnico, atópanse aspectos como a selección de sementes, control biolóxico de pragas, estruturas de refrixeración, regadío ou xestión de residuos.