• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello apoia o emprendemento sostible co programa municipal “Faino en Santiago”

O programa “Faino en Santiago” desenvólvese da man da cooperativa de proxectos para o desenvolvemento sostible Falar a Mare, e estrutúrase en tres liñas de traballo fundamentais. Por unha banda, celebraránse xornadas presenciais no Edificio CERSIA Empresa, “que serán un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender, e que poderán coñecer outras experiencias como punto de partida para os seus propios proxectos”. Estas sesións serán os días 9, 10 e 11 de xullo.

A alcaldesa Goretti Sanmartín reivindica Santiago como lugar de encontro, innovación e futuro económico no peche da asemblea da CEG

No seu discurso, a rexedora destacou o papel de Compostela como “lugar de acollemento e encontro”, subliñando a singularidade que este concello ofrece ao turismo e aos ámbitos científico, técnico e empresarial. “Temos a infraestrutura e o ecosistema axeitado para acoller eventos de alto nivel, e a Universidade de Santiago de Compostela, as administracións e o tecido social xogan un papel esencial neste contexto”, afirmou en referencia a todos os mencionados sectores.

O Concello pon en marcha un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

Ademais, e tamén nas instalacións do CERSIA Empresa, programarase un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación. 

Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.

O Concello de Santiago activa un proceso colaborativo para impulsar a economía social desde a proximidade

Esta mañá, no CERSIA Empresa, tivo lugar a primeira xornada participativa do proceso de codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela, unha iniciativa impulsada polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A sesión contou coa presenza da concelleira María Rozas e reuniu a unha ampla representación do ecosistema de economía social da cidade.

O Concello de Santiago impulsa o Plan de Acción para a Economía Social e reivindica un modelo produtivo máis igualitario e sostible

Este plan aposta pola economía social como motor do desenvolvemento económico inclusivo, xerador de emprego de calidade e ferramenta para transformar a realidade urbana. A cidade conta cun tecido consolidado de entidades —cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción— que teñen demostrado a súa capacidade para xerar traballo digno, tecer redes solidarias e contribuír ao benestar da comunidade, especialmente en contextos de crise.

Tussa e Castrosúa asinan un convenio de colaboración para o estudo dunha solución ás demandas de mobilidade de Santiago

En virtude do convenio de colaboración, que terá unha duración dun ano, TUSSA e MOBME colaborarán na realización das actividades de investigación e análise necesarias para identificar solucións de micromobilidade urbana alternativas e complementarias ao vehículo privado e ao transporte colectivo, que favorezan a intermodalidade a través de sistemas multimodais e adaptadas as características de Compostela. 

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, presidida por Santiago, incorpora novos socios na súa Asamblea Xeral

Coas novas incorporacións, de REDEL forman parte da xa 40 entidades que representan a unha poboación de máis de 24 millóns de habitantes. A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local tamén aprobou a memoria e o peche do pasado exercicio na Asamblea Xeral, ao redor da que a Deputación de Tarragona organizou unha intensa axenda en torno á chamada “silver economy”.

O comercio local volve ser unha festa: o “Prima 25” celebrarase os días 5, 6 e 7 de xuño

María Rozas reiterou o compromiso do Concello co comercio de proximidade “porque son os establecementos de barrio os que axudan a facer cidade, os que contribúen a construír a nosa identidade, e os que tecen comunidade”. Este compromiso, explicou, tradúcese en propostas de dinamización como o evento “Prima 25”, que xa se tén consolidado, ou como os programas específicos do Nadal, “pero tamén no reforzo da campaña dos Bonos Corazón, á que este ano destinaremos un total de 600.000 euros en dúas quendas, a primeira delas xa en marcha”-

Programación do Prima 25

A Concellaría de Promoción Económica e a Cámara de Comercio colaboran no fomento do espírito emprendedor e a mellora da competitividade das empresas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que este convenio “dálle continuidade á colaboración que veñen mantendo o Concello e a Cámara de Comercio, dentro do obxectivo común de impulsar o desenvolvemento económico local”. María Rozas apuntou que, para iso, a Cámara de Comercio ofertará ao longo de todo o ano “distintas actividades que pretenden cubrir todo o ciclo de vida do emprendemento, desde o fomento das vocacións empresariais ata a apertura a mercados internacionais, pasando pola análise da viabilidade dos proxectos”.