• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago reivindica a artesanía e os oficios tradicionais co mercado “Artesanamente”

A tenenta de alcaldesa salientou a importancia de impulsar iniciativas coma “Artesanamente” nun momento no que “o talento local e o comercio de proximidade se enfrontan a grandes dificultades por cuestións como a competencia da venda on line, as grandes superficies ou a fast fashion e a fast food”. Con este mercado, explicou Mría Rozas, “promovemos todo o contrario: a creatividade, a diversidade, os oficios tradicionais e a identidade propia, pero tamén a diversificación económica e o impacto que o sector da artesanía pode ter na economía de Galicia e de Santiago”

O Concello organiza un ciclo de actividades formativas para mellorar o tecido empresarial de Santiago

As accións formativas fan parte do programa “Faino en Santiago”, que impulsa a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude co obxectivo de mellorar o grao de coñecemento e actualizar as materias útiles para os procesos de xestión empresarial e laboral do tecido empresarial de Compostela. As actividades están especialmente dirixidas ao persoal directivo, de xerencia, propietarias e persoal laboral de empresas que teñan a súa sede e un centro de actividade no Concello de Santiago. Poderán participar tanto persoas en activo como en situación de desemprego.

Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de agosto

Este é o segundo ano que se leva a cabo a iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades. Con ela, traballamos na visibilidade de entidades solidarias ao tempo que impulsamos o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns do comercio local. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela

O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, polo que o prazo para a súa solicitude comeza o martes 2 de setembro. Estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.

Foro Niños de Emprego no CERSIA

Segundo puido concluírse, nun contexto cambiante no que as persoas demandantes de emprego teñen cada vez máis capacidade de decisión, a actitude e as habilidades brandas son as principais variables diferenciadoras á
hora de enfrontarse a procesos de selección e mellora.
Á hora de definir as condicións salariais e laborais, a cualificación é esencial, as habilidades son diferenciais, o xénero – desgraciadamente - segue sendo un factor de discriminación e o idadismo, aínda que persiste, sucumbe en moitos

A alcaldesa Goretti Sanmartín sitúa a Cámara de Comercio como “panca importantísima” para a competitividade das empresas de Santiago e comarca

Na súa intervención, destacou que a Cámara de Comercio é unha “entidade que non fai que non fai ruído, que traballa en colaboración con todas as administracións, que dá servizo a empresas de moi diverso ámbito e tamaño, dialogando e propoñendo, sen xerar polémicas que poderían ser efectistas pero que resultan estériles”.

Grandes superficies, pequeno comercio e iniciativas de comercio eco-social danse a man no edificio CERSIA para repensar un novo modelo de comercio máis integrativo, inclusivo, sustentable e rendible.

 

Santiago – afirmaron – é unha cidade de tradición comercial que debe recuperar a súa tracción no que ao comercio se refíre. Para iso, débese continuar a revalorizar a actividade comercial, adaptar os comercios ás novas demandas e investir en políticas económicas que devolvan á capital de Galicia parte do músculo financeiro perdido. 

A Maker Faire Galicia arrinca a súa XI edición cunha xornada sobre emprendemento e innovación social

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a XI Maker Faire Galicia nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia; e María Parga, responsable de comunicación da Maker Faire Galicia. 

A alcaldesa Goretti Sanmartín reivindica Santiago como lugar de encontro, innovación e futuro económico no peche da asemblea da CEG

No seu discurso, a rexedora destacou o papel de Compostela como “lugar de acollemento e encontro”, subliñando a singularidade que este concello ofrece ao turismo e aos ámbitos científico, técnico e empresarial. “Temos a infraestrutura e o ecosistema axeitado para acoller eventos de alto nivel, e a Universidade de Santiago de Compostela, as administracións e o tecido social xogan un papel esencial neste contexto”, afirmou en referencia a todos os mencionados sectores.