• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago reivindica a artesanía e os oficios tradicionais co mercado “Artesanamente”

A tenenta de alcaldesa salientou a importancia de impulsar iniciativas coma “Artesanamente” nun momento no que “o talento local e o comercio de proximidade se enfrontan a grandes dificultades por cuestións como a competencia da venda on line, as grandes superficies ou a fast fashion e a fast food”. Con este mercado, explicou Mría Rozas, “promovemos todo o contrario: a creatividade, a diversidade, os oficios tradicionais e a identidade propia, pero tamén a diversificación económica e o impacto que o sector da artesanía pode ter na economía de Galicia e de Santiago”

O ciclo perfecto: acuaponía

O termo acuaponía derívase da combinación das palabras “acuicultura” (produción de organismos acuáticos) e ‘hidroponía’ (produción de plantas sen chan). É un sistema sustentable de produción de plantas e peces. O sistema é o seguinte: os peixes producen a compostaxe ou fertilizante da terra, unha vez expulsan os refugallos do que comen, ricos en nutrientes. Dito doutra maneira, as persoas dan para comer aos peixes para que estes dean para comer, despois, ás persoas. O ciclo da vida.