• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

IV EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030   é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.

Resolución de Concesión dos premios da I Edición Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 27 de decembro de 2022 adoptou o seguinte
acordo:
Resolución de Concesión dos premios da I Edición Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela

Entréganse os premios á excelencia empresarial

Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distingan polas súas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais e boas prácticas de economía social. Búscase recoñecer e valorar de maneira axeitada ás empresas que demostran un gran compromiso coa calidade total identificando e difundindo boas prácticas que poidan ser adoptadas nun futuro por outras empresas do tecido económico de Santiago.