• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS E O LANZAMENTO DE NOVAS LIÑAS DE NEGOCIO URBANA SANTIAGO NORTE

Esta convocatoria de axudas está aberta tanto a emprendedores que comezaran o seu proxecto empresarial entre o 1 de xuño de 2012 e o 31 de xullo de 2013, como aquelas empresas xa creadas anteriormente, pero que neste período desenvolveran novas liñas de negocio ou implantaran novas ferramentas de xestión empresarial.

Os criterios de concesión das axudas dan especial importancia na valoración das solicitudes á contribución ao desenvolvemento económico da zona e á creación de emprego.

Webinars para loitar contra os efectos da COVID19

 

Nesta mesma liña, Startup Galicia está a organizar unha serie de encontros online. Estes encontros perseguen achegar axuda tamén a outras empresas de fóra do sistema startup que, porén, ven na dixitalización un xeito de paliar os efectos negativos do estado de alarma sobre a súa actividade. Para conseguilo, estes encontros abordarán o emprego de diversas tecnoloxías que poden servir de apoio á empresas de calquera sector de actividade que estean a pensar en achegarse ao mundo dixital.

Curso online Prevención de riscos laborais COVID-19

Programa do curso:

1.O coronavirus / COVID-19
 Os Coronavirus
 Enfermidade COVID–19
2. Teño COVID-19? Como teño que actuar?
 Como sei que teño COVID-19?
 Como actúo se tiven un contacto estreito?
 Cando podo recibir asistencia domiciliaria?
 Como e cando se obtén o alta?
3. Medidas de hixiene e illamento
 Medidas preventivas en xeral
 Medidas preventivas illamento en casa
 Medidas preventivas en centros sanitarios
 Recomendacións do Ministerio de Sanidade

Infoday: II convocatoria S3FOOD

Esta segunda convocatoria de axudas económicas, para proxectos de dixitalización no sector agroalimentario, contará cun valor total de 1.317.867,50€ repartidos en tres tipos de vouchers (cheques): de exploración, de validación e de aplicación. O prazo de solicitude estará aberto desde o 9 de decembro ata o 10 de marzo 2021 ás 17 horas CET.

Oportunius:taller on line de preparación de propuestas 2021 del European Research Council (ERC)

Formación en liña

Data: 20 de xaneiro de 2021

Hora: de 10:00 h a 13:00 h


Prazo de inscrición: ata o 18 de xaneiro ás 13 h

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.