Os novos roles da tenda e das persoas consumidoras

Os novos roles da tenda e das persoas consumidoras

13/09/2018

O obxectivo deste informe é o de agrupar tendencias e definir cales son os novos roles que están a exercer as tendas no presente e nun horizonte a curto-medio prazo.

Ler máis

máis novas

As meninas que resucitaron Ferrol

As meninas que resucitaron Ferrol

12/09/2018

En 2008, Eduardo Hermida tivo unha idea: volver debuxar humanos nas paredes. Coa axuda de varios amigos artistas, comezou a debuxar nas paredes desconchadas do seu barrio, Canido en Ferrol. Volveu debuxar humanos, como xa fixese moitos anos atrás, pero esta vez non eran humanos anónimos. Eran meninas. Decenas de meninas. A acción de Hermida chamou a atención da cidade e iso lle infundió ánimos para volver repetilo ao ano seguinte, convocando a artistas doutras partes de España. 

Ler máis

máis novas

Está a prepararse aos estudantes para un futuro exitoso?

Está a prepararse aos estudantes para un futuro exitoso?

11/09/2018

Administradores e administradoras escolares, mestres e mestras, pais e nais, principais encargados da educación, mostran un desacordo na efectividade das avaliacións para medir as habilidades brandas e o éxito dos estudantes nun futuro. Un estudo de Gallup, cuxo fin é coñecer se se está preparando ben aos alumnos e alumnas, e que habilidades son as que deberían de dominar antes de entrar a universidade, fala do devandito problema. O 83% dos mestres e mestras enquisados, o 82% de pais e nais e o 83% dos directores e directoras, coinciden que é indispensable que os estudantes aprendan temas académicos, así como habilidades como o pensamento crítico, traballo en equipo e creatividade; non todos concordan se estas habilidades son medidas efectivamente, e máis aínda, cales "soft skills" deberían ensinarse e onde.

Ler máis

máis novas

Claves do turismo gastronómico

Claves do turismo gastronómico

10/09/2018

Os cambios sociais e económicos deron maior importancia ás preocupacións ambientais, culturais e éticas, así como a temas relacionados coa saúde, o benestar, o estilo de vida e o desenvolvemento persoal. O turismo gastronómico ten que facerse eco destas sensibilidades e debe incluír criterios de responsabilidade, solidariedade e sustentabilidade na súa estratexia de desenvolvemento gastronómico.

Ler máis

máis novas

Caen as estancias en apartamentos e manteñénse no turismo rural

Caen as estancias en apartamentos e manteñénse no turismo rural

07/09/2018

As pernoitas en aloxamentos extrahoteleiros baixaron un 4% en xullo respecto ao mesmo mes de 2017. Nos apartamentos turísticos caeron un 7,6%, cunha redución máis acusada no caso da demanda nacional e unha diminución da estancia media dun 3,8%. Neste tipo de establecementos, a ocupación do mes pasado foi dun 48,9%, un 8,5% menos que o exercicio anterior. 

Ler máis

máis novas

ESCAPARATE

O escaparate empresarial nace coa vocación de ser un espazo onde o mundo empresarial de Compostela pode compartir a súa oferta de bens e servizos, pero tamén accións e novidades de carácter temporal: promocións, eventos, lanzamentos de novas liñas de negocio ...
Comparte a túa oferta empresarial dun xeito sinxelo e beneficiate de acción de promoción a través desta web e dos perfís en redes sociais do CERSIA Empresa. A través do Escaparate Empresarial tamén poderás coñecer mellor ás empresas do teu entorno máis próximo, e atopar así posibles clientes e provedores.

Para participar no Escaparate Empresarial a túa empresa debe ter cando menos unha sede física de actividade no Concello de Santiago. Se representas a unha empresa de fóra de Santiago que está pensando en organizar un evento, feira, congreso ou outro tipo de acción dirixida ao público empresarial ou profesionais liberais, podes contactar con cersia@santiagodecompostela.gal e indicarémosche de xeito personalizado a mellor forma de promocionar a túa acción no noso Concello.

Listado de empresas