19 de novembro: xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico"
A finalidade desta xornada é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida, e por en valor a cultura rural, establecer canles de comunicación directa entre o medio rural e urbano, e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como “Fenda Dixital”, e que pode definirse como as diferenzas de acceso ás Novas Tecnoloxías.