Plan de Formación Continua do Santiago Investors Support
“Santiago Investors Support” ten tres obxectivos: impulso e mellora da competitividade empresarial e comercial; proxección exterior e captación de investimentos; posta en valor e dinamización da actividade económica. Os públicos aos que se dirixe o programa son: persoas emprendedoras e inversores interesados en desenvolver proxectos empresariais no Concello; empresas e comercios xa asentados en Santiago; persoal das empresas e comercios da cidade.