As promesas da innovación urbana
As infraestruturas débense planificar e deseñar para que sexan o máis flexibles posible, para poder sobre elas desenvolver aplicacións e servizos útiles para os cidadáns e adaptables ás súas cambiantes necesidades.
As infraestruturas débense planificar e deseñar para que sexan o máis flexibles posible, para poder sobre elas desenvolver aplicacións e servizos útiles para os cidadáns e adaptables ás súas cambiantes necesidades.
A realidade aínda dista moito dos plantexamentos expostos no artigo, mais trátase dun sinal adicional que indica a direción na que o mundo corporativo comeza a pensar acerca da sostibilidade e dos desafíos sociais. Sen dúbida, unha boa noticia.
As sociedades cooperativas galegas poden adherirse libre e voluntariamente a este código de boas prácticas, adquirindo o compromiso de dar cumprimento aos principios que rexerán tanto a súa actuación interna como as súas relacións con terceiros no desenvolvemento da súa actividade, no marco do compromiso de responsabilidade social cooperativa. Aquelas cooperativas que decidan adherirse, poden comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación.
Estamos ante outro xeito de emprender, de producir, de xestionar e de consumir, que pivota ao redor dos seguintes principios: 1) Colocación das persoas no centro das súas decisións = xestión autónoma e transparente, democrática e participativa. 2) Reparto dos beneficios en función do traballo, dos servizos ou das actividade achegados polas persoas socias. 3) Promoción da solidariedade interna e compromiso coa sociedade = igualdade entre homes e mulleres, cohesión social, cooperación e independencia de poderes públicos. 4) Compromiso co territorio, propiciando estabilidade e futuro.
O Almorzos do bo facer viñéronse celebrando neste último trimestre do ano 2017. Esta iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese, que recolle as actividades da Oficina de Promoción Económica municipal, coa intención de impulsar un novo modelo económico para Santiago. Para iso búscanse as principais fortalezas sociais e económicas da cidade.
Por un lado, Laboral Kutxa destinará 50 millóns de euros a favorecer o desenvolvemento da economía social española, a través da nova línea EaSI Social, que facilitará a concesión de préstamos e contas de crédito a proxectos promovidos por empresas que teñan un impacto social positivo.
Por outro lado, CEPES e Laboral Kutxa puxeron en funcionamento un estudo sobre a competitividade da economía social en España, a través da ferramenta de autodiagnose COMPYTE.
A súa proposta é encher este mes de decembro de 2017 a nosa cidade de fornos físicos onde a xente poderá depositar os seus soños. Con todos estes soños farase un sorteo presencial e ademáis tamén organizaran un sorteo a maiores a través do facebook. Cóntanos o teu soño e faite forneira!
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa
No foro as persoas asistentes poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).
Na mesa técnica explicouse a implantación en Santiago de experiencias como a Tropa Verde, o Prestogal, a EDUSI ou o Santiauga, exemplos de modelos de economía circular na nosa cidade. O proxecto Tropa Verde, premiado ademais co Premio R de Ecoembes ou o Premio Boa Práctica en Desenvolvemento Urbano Sustentable no ano 2016, busca fomentar a reciclaxe e a reutilización e premia a conciencia ecolóxica da sociedade. Pola súa banda, o Prestogal aposta polo consumo colaborativo, o intercambio e a cesión de recursos entre veciños e veciñas.