• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A cartelería dixital será máis interactiva e personalizada

En consecuencia, a cartelería foi evolucionando na mellora do contido, con ofertas atractivas e imaxes suxestivas. O salto á cartelería dixital permitiu incorporar vídeos e outros contidos dinámicos, así como ofrecer unha imaxe máis moderna. A súa implantación nas axencias é aínda incipiente pero vai tomando forza, do mesmo xeito que no comercio plo miúdo en xeral, con crecementos estimados aproximados de entre un 10-20% anual.

Salvo en lecer, en 2018 gastamos menos en todos os sectores

Segundo o estudo, “o consumo en España está a dar mostra de esgotamento”, como reflicte o descenso no número de persoas consumidoras que declararon comprar bens e servizos en distintas áreas (saúde, electrónica, mobles, reformas…). A porcentaxe cae en case todos os sectores se o comparamos co ano anterior, salvo en lecer, onde os españois e as españolas aumentaron o gasto un 5%.

A crise do comercio minorista e dos centros comerciais xa está en Europa

Á fin e ao cabo, as razóns crave que se dan para explicar por que están en crises os centros comerciais en Estados Unidos (os centros quedáronse anticuados, o empuxe do comercio electrónico e o exceso de oferta que protagonizan), pódense ver e atopar tamén nos centros comerciais europeos.

Grandes e no centro: as tendas transfórmanse para ‘cazar’ ao novo consumidor

Os novos hábitos de consumo e o avance da venda online están a dar un novo sentido ao comercio físico. O novo comercio polo miudo está definido por dous factores: conveniencia e experiencia. “A experiencia por metro cadrado será a nova métrica para medir o éxito dunha tenda nunha contorna competida e desafiante”, asegura KPMG no informe Global Retail Trends 2018.