Curso online " Construíndo Relacións Universidade-Empresa "
Esta certificación emitida por ATTP é o estándar internacional para acreditar a competencia e a experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.