Webinar a profesionalización nos negocios familiares
12:30 Benvida
IGAPE
12:35 Como podo mellorar a miña xestión financeira?
Rafael Martínez-Carrasco, de ARXRON Estrategia
12:50 Conselleira Delegada do Grupo LECHE RÍO, Carmen Lence.
13:15 Preguntas e peche
Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II)
Actuacións:
Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.
Webinar Programa Re-acciona Innovación
O obxectivo é presentar o Programa Re-acciona Innovación enfocado a “Financiar e completar o deseño de produto cunha protección adecuada. Asegurar o valor da túa empresa”, así como resolver as dúbidas sobre o mesmo e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades interesadas.
Webinar Programa Re-acciona Innovación
O obxectivo é presentar o Programa Re-acciona Innovación enfocado a “Atopar financiamento e protexer a túa actividade creativa e artística. Rentabilizar o teu valor”, así como resolver as dúbidas sobre o mesmo e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades interesadas.
Axudas para o programa Fábrica do futuro
A intensidade da axuda oscilará entre un 15 e un 80% segundo o tipo de proxecto e empresa.
Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música
O importe máximo de axuda por beneficiario será de 15.000 euros e en ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo da actividade subvencionada.
Subvencións ao impulso do sector escénico galego
Contías das subvencións e límites máximos:
Modalidade 1, subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: proxectos que non superen os 80.000 euros de orzamento, co límite do 80 % do orzamento e cunha contía máxima por beneficiario de 40.000 euros.
Modalidade 2, subvencións ao sector no ámbito da danza e artes en movemento: proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento, co límite do 80 % e cunha contía máxima por beneficiario de 15.000 euros.
Axudas para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19
O importe máximo da subvención será do 100 % do investimento subvencionable. As axudas concederanse en forma de subvención.
Participación na nova convocatoria do proxecto europeo C-Voucher
As 24 pequenas e medianas empresas que resulten seleccionadas recibirán 15.000 euros en axudas e, durante un período de tres meses, poderán recibir asesoramento técnico durante a fase creativa de desenvolvemento do modelo empresarial e, tamén, para identificar outras posibilidades de financiamento do seu modelo de negocio.