Cursos de negociación comercial e marketing online
Oportunidades H2020: Nanotecnoloxías, materiais avanzados, biotecnoloxía e novas formas de produción
Nesta xornada, o Punto Nacional de Contacto de NMBP, Nieves González, explicará as oportunidades de financiamento para este sector no marco do programa de financiamento da I+D+i da Unión Europea Horizon 2020. Contarase tamén coa participación dun experto avaliador nestas materias, así como a presentación de casos de éxito de empresas. Ao remate da xornada, ofrecerase a opción de manter unha reunión bilateral co Puntos Nacional de Contacto.
ALMORZOS DO BO FACER
1º ALMORZO FALA- ESCOITA: Venres, 20 de outubro, no CERSIA en horario de 9 a 11h
Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.
II FORO ECONOMÍA SOCIAL INSPIRADORA: EMPRENDEMENTO COOPERATIVO
A Cámara de Santiago e ABANCA convocan o cuarto premio "Camiño do emprendemento"
O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50 por cento os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. Está destinado a emprendedores que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para emprendedores que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses, e en ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.
Novo programa de préstamos a proxectos de Industria 4.0, emprendemento e innovación.
A liña IFI Industria 4.0 apoiará especialmente investimentos centrados na denominada nova industria. Os importes dos préstamos poderán ir desde 65.000 ata un millón de euros, para cubrir ata o 65% dos investimentos en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade ou liñas de fabricación de novos produtos. Terán prioridade proxectos que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e a industria 4.0: robotización, fabricación aditiva, sensórica, sistemas cíber-físicos, automatización, conectividade, vehículos autónomos, dixitalización, big data, loxística 4.0, etc.
Adhesion de establecementos ao programa Reforma17
As axudas públicas directas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros e farán posible que as familias conten con rebaixas de ata o 40% no custo de produtos e mobiliario, grazas aos descontos paralelos que farán os establecementos. A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
Convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego
- Contratación por conta allea de mozos activos en Garantía Xuvenil, que ademais estean inscritos e orientados no PICE: 4950,00 € para contratos temporais ou indefinidos.
- Autoemprego de mozos (cos mesmos requisitos): 1800,00 €
Xornada presentación de instrumentos "Cascade Funding"
IMPACT Growth é o novo programa de aceleración da aceleradora IMPACT. Na convocatoria que está aberta seleccionaránse 14 proxectos que recibirán 100.000 € a fondo perdido ademáis dun programa de aceleración online que inclúe formación, mentoring, internacionalización e acceso a financiamento privado de ata 1,5 millones de euros. Ademáis os dous mellores proxectos do programa de aceleración poderán conseguir ata 150.000 € extra, polo que en total obterán ata 250.000 € a fondo perdido.