Compostela Somos Cultura afiánzase na cidade co inicio da terceira edición
A presentación aos medios, celebrada esta mañá no Concello de Santiago e á que asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o coordinador artístico do ciclo, Xacobe Martínez Antelo, foi o espazo de lanzamento de todas as novidades desta terceira edición do dito Ciclo. A máis importante de todas, tal e como destacou a responsable municipal, foi a "incorporación de empresas da economía social compostelá como as localizacións dos microeventos".