O Concello consensúa unha declaración institucional para que Santiago albergue a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)
O Pleno da Corporación expresa así o seu convencemento de que "a capital de Galicia reúne as condicións necesarias para albergar a sede da AESIA", organismo que se enmarca na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial do Goberno de España, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que pretende "situar a España como país punteiro en Intelixencia Artificial e liderar a nivel mundial o uso da lingua española e das linguas cooficiais (galego, euskera, e catalán) na IA".







