Día do Cooperativismo galego 2021
-
O cooperativismo galego celebra o seu día nas instalacións de Aira en Taboada nun acto que tamén se retransmitirá en directo polas redes da canle Eusumo.
-
Os Premios á Cooperación 2021 recoñecen ás cooperativas Cenlitrosmetrocadrado, Catroventos Editora e a Campo da Capela.
-
A gala estará conducida pola presentadora e xornalista Patricia Santana e contará coas actuacións da compañía escénica Artesacía e do trío musical Fransy, Davide e Cibrán.