Rede de Cooperación Local (2004-2007)
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago. Para acadar esta interrelación entre empresariado, institucións e investigadores da USC, organízanse visitas conxuntas, comidas de traballo, conferencias, e distintas accións formativas que van evolucionando segundo as necesidades detectadas en cada momento.







