• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello concederá axudas ás empresas para a contratación do alumnado do obradoiro de emprego “Parque Forestal do Monte Pedroso”

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que o obxectivo desta convocatoria de axudas é “facilitar o acceso ao mercado laboral do alumnado do obradoiro dual de emprego, despois de nove meses de formación teórica e práctica" . Tal e como explicou, “as empresas que queiran acceder ás subvencións, deben ofrecer un contrato laboral a tempo completo e cunha duración mínima de tres meses, un periodo que permite que o alumnado gañe experiencia e entre en contacto co mercado laboral ”.

Volven os obradoiros formativos ao Espazo Maker Compostela

O Espazo Maker Compostela retoma a actividade o sábado 5 de outubro cun obradoiro de iniciación á electrónica Arduino, no que os participantes construirán un medidor de luz ambiental. No venres 11 está prevista unha actividade de iniciación ao deseño e impresión 3D; o sábado 19 de outubro haberá un obradoiro de iniciación á programación en C++ e Arduino; e o sábado 26, unha actividade relacionada coa realidade virtual. As inscricións xa están abertas a través da web espazomaker.werobots.org.